O Vilalbés celebra o día 17 a súa festa de final de tempada
O Rácing Club Vilalbés organiza o día 17 de xuño a tradicional festa de fin de tempada que dará comezo ás 12.00 horas cunha gala no auditorio municipal.
"Queremos poñer en valor e agradecer o traballo e compromiso de persoas e colaboradores importantes do clube, que fixeron moito por esta institución", din desde o club.
Unha vez rematada a presentación dos equipos e os éxitos da tempada, haberá unha sesión vermú ao cargo de Sintonía de Sancovade seguida da comida de confraternidade no estadio Roca.
Todos os xogadores están invitados a asistir e para facelo haberá que retirar as tarxetas antes do o 13 de xuño nas oficinas do Roca. O prezo será de 13 euros para socios de 11 a 16 anos (15 para non socios) e de 30 euros para adultos (35 non socios). Os menores de 10 anos non pagarán.
Pola tarde continuará a festa con cantos de taberna con Mestura de Nete e ás 20.00 horas volverá actual Sintonía de Sancovade. Finalizará a sesión cun DJ, ás 22.00 horas.