O Vilalbés celebra o sábado a festa de final de tempada

TerraChaXa
A xornada festiva comezará ás 14:15 horas cunha sesión vermú amenizada por un DJ
festa-racing-club
9 Jun 2025

O Racing Club Vilalbés celebrará a súa tradicional festa de fin de tempada o vindeiro 14 de xuño no Estadio Roca. A xornada festiva comezará ás 14:15 horas cunha sesión vermú amenizada por un DJ, e continuará ás 15:00 horas cun xantar que incluirá paella de marisco, costela, sobremesa, viño, refrescos e café.

Os prezos varían segundo a idade e a vinculación co club. Os menores de seis anos poderán asistir de balde, mentres que os xogadores do Rácing ata 12 anos pagarán 8 euros, e os maiores desa idade 15 euros. Os socios do club tamén terán tarifas especiais: 15 euros para os menores de 12 anos e 33 euros para os maiores. No caso dos non socios, os menores de 12 anos pagarán 20 euros e os maiores 35 euros.

As entradas poden adquirirse todos os días ás 12:00 horas no Estadio Roca ou mediante reserva telefónica no número 646 36 12 73, en contacto con Juan.

A festa promete ser unha gran ocasión para celebrar todos xuntos unha nova tempada vivida con paixón e compromiso no seo do Rácing Club Vilalbés.

⚙ Configurar cookies
0.1615879535675