O Vilalbés celebrará a final de mes o seu campus de tecnificación

TerraChaXa
O prazo para anotarse a este campus xa está aberto e rematará o 16 de xuño
presentacion-campus-vilalbes
A presentación do campus no concello
15 Xuño 2024

O Rácing Club Vilalbés celebrará este verán a unha nova edición do seu campus de tecnificación, que terá lugar entre o 24 e o 29 de xuño no estadio Roca da localidade. Este ano, o campus estará dirixido pequenos nados entre o 2009 e o 20208 e estará apadrinado por Diego Villares.

O prazo para anotarse a este campus, que xa está totalmente consolidado, xa está aberto e rematará o 16 de xuño. Esta pode facerse nas oficinas do club ou a través das redes sociais.

O prezo de participación no campus será de 130 euros para xogadores do club e de 1520 para para foráneos.

As prazas son limitadas polo que se recomenda a inscrición o antes posible. Do mesmo xeito, aquelas persoas interesadas en obter máis información poden facelo a través dos teléfonos de Freire (661 049 270) e Make (671 165 950).

0.15077996253967