O Vilalbés comeza unhas xornadas de portas abertas para a base

TerraChaXa
O Rácing Vilalbés organiza unhas xornadas de portas abertas durante todo o mes de xuño que teñen como obxectivo mostrar os adestramentos.
xornada de portas abertas vilalbes portada
22 Maio 2022

O Rácing Vilalbés organiza unhas xornadas de portas abertas durante todo o mes de xuño que teñen como obxectivo mostrar a dinámica dos adestramentos das categorías inferiores e reforzar o equipo de cara á proxima tempada.

A actividade está dirixida a menores de catro a 16 anos, que corresponde ás categorías desde prebenxamín, bexamín, alevín, infantil e cadete.

O prazo para anotarse remata o 29 de maio e o tempo de xornadas de portas abertas será do 30 de maio ao 24 de xuño.

En caso de non ter licenza federativa, tramitarase unha temporal para participar nestas xornadas. Para máis información, pódese chamar ao 661 049 270 (Freire).

0.0697021484375