O Vilalbés convoca a súa Asemblea Xeral Extraordinaria e anuncia novo coordinador para o fútbol base

TerraChaXa
Michi xa viña formando parte da estrutura do club nas dúas últimas campañas como adestrador da sección Genuine
michi-coordinador-base-vilalbes
14 Jun 2025

O Rácing Club Vilalbés convoca aos seus socios e socias á Asemblea Xeral Extraordinaria, que se celebrará este luns 16 de xuño, no salón de actos do Centro Sociocomunitario de Vilalba. A primeira convocatoria está fixada para as 20:00 horas e a segunda para as 20:30 horas.

A orde do día inclúe os seguintes puntos: lectura e aprobación da acta anterior, fin da lexislatura da actual directiva e toma de decisións, informe sobre o proxecto de obra colindante co Estadio Roca, e rogos e preguntas.

Ademais, o club anuncia que Miguel Río del Valle Michi (Vilalba, 1989) será o novo coordinador do fútbol base para a vindeira tempada. Ex xogador do Rácing Club Vilalbés, Michi xa viña formando parte da estrutura do club nas dúas últimas campañas como adestrador da sección Genuine. Con esta decisión, a entidade aposta por un home da casa para dar continuidade ao bo traballo que se vén realizando nas categorías inferiores nos últimos anos.

⚙ Configurar cookies
0.14271402359009