O Vilalbés convoca aos socios para buscar a continuidade do club ante a falta de directiva
O Rácing Club Vilalbés celebrará o xoves 25 de marzo, ás 19.30 unha asemblea xeral extraordinaria para tratar sobre a renovación da directiva trala dimisión do presidente actual, Francisco Ruiz Rey, e do resto do grupo unha vez que remate a tempada en curso.
A reunión terá lugar no salón de actos do Centro Cultural e Recreativo de Vilalba como conclusión ao proceso electoral aberto este mes.
Neste tempo abriuse un período electoral para a presentación de candidaturas que rematou sen alternativas á dirección polo que a opción que rexistran os estatutos é a celebración da asamblea onde se iniciará o proceso de disolución do club si non aparece unha solución.
De feito, o único punto do día da reunión será a comunicación por parte da xunta directiva dos trámites e consultas a realizar ante o órgano competente en materia de deporte da Xunta, Concello e Federación de Fútbol, de disolución se non aparece un novo presidente.
A asemblea desenvolverase segundo o protocolo covid polo que no caso de non asistir máis socios, esta trasladarase ao Estadio Roca polo que o horario da segunda convocatoria retrasaríase 15 minutos.