O Vilalbés inicia o proceso para renovar a directiva

TerraChaXa
O Rácing Club Vilalbés comezou xa o proceso de renovación da directiva tralo anuncio da dimisión o presidente actual, Francisco Ruiz Rey.
presidente vilalbes
25 Feb 2021

O Rácing Club Vilalbés comezou xa o proceso de renovación da directiva tralo anuncio o pasado 9 de outubro da dimisión o presidente actual, Francisco Ruiz Rey, e do resto da directiva unha vez que remate a tempada en curso.

Para que a transición poda realizarse con tempo necesario abriuse xa o período electoral e da comezo o luns coa apertura do prazo de presentación de candidaturas nas oficinas do club, situadas no Estado Roca. Esta poderá facerse ata o día 14 os luns, mércores e venres entre as 11 e as 13 horas.

Para poder ser candidato teñen que ser socios con antigüidade maior duna ano e estar ao corrente cos pagos. As eleccións están previstas para o 19 de marzo nun lugar e horario a determinar.

No caso de non presentarse máis dunha candidatura ou de non presentarse ningunha celebrarse unha asamblea xeral extraordinaria o xoves 18 de marzo.

Os horarios das eleccións o da asamblea comunicaranse o 15 de marzo.

0.19960188865662