O Vilalbés leva tres xornadas sen coñecer a derrota e xa é quinto
O debut histórico do Vilalbés non podería ir mellor. Tras tres xornadas disputadas, o equipo chairego aínda non coñece a derrota, tras dous empates e una vitoria polo que ocupa unha cómoda quinta praza na clasificación.
Continúa así o equipo de Simón Lamas unha progresión importante de cara a manterse nesta categoría na que militan por primeira vez na súa historia.
Esta fin de semana empatou a ceros co Rayo Cantabria a domicilio e a pasada contra o Avilés na Madalena. Foi a vitoria o partido do debut, cando derrotou por 1-3 ao Oviedo tamén xogando fóra de casa.
Conseguiron sumar no feudo dun gran equipo nesta última xornada, que os puxo en apretos no primeiro tempo. Nivelouse o encontro na segunda metade, con alternativas e ocasións para ambos conxuntos.