O Vilalbés logra un ascenso histórico
Derrotaron ao equipo riojano La Calzada no último partido da fase de ascenso, no que é o seu terceiro play off en máis de 90 anos.
Á terceira vai a vencida. O Rácing Vilalbés logrou hoxe o tan esperado ascenso a Segunda RFEF logo de vencer por 0-3 ao Calzada riojano. Deste modo consegue un ascenso histórico para o club no que é o seu tercer play off.
Os verdivermellos acudiron á cita concienciados e apoiados por amigos e veciños. Tralo paso por Burgos, onde durmiron e adestraron, achegáronse ante o feudo do seu rival para acabar derrotándoo por 0-3 no partido de volta.
Os de Simón Lamas foron claramente superiores e remataron cunha merecida vitoria unha tempada na que foron contundentes e non fixeron nada mal.
Cuarto na liga regular de Terceira, chegou á primera fase dos play off convencido de lograr o ascenso. Eliminou ao Arosa logo dun empate e unha vitoria e así chegou a este último partido. No partido de ida na Magdalena empataron a uns pero a vitoria de hoxe clasifícaos para estar o ano que vén en Segunda B.