O Vilalbés organiza unha nova batalla de porteiros
TerraChaXa
Tralo éxito acadado o ano pasado, o Rácing Club Vilalbés celebrará o día 19 de abril unha nova edición da Batalla de Porteiros, que terá lugar no campo de herba artificial da Magdalena.
8 Abr 2019
Tralo éxito acadado o ano pasado, o Rácing Club Vilalbés celebrará o día 19 de abril unha nova edición da Batalla de Porteiros, que terá lugar no campo de herba artificial da Magdalena.
A organización estableceu un total de cinco categorías de idade participar con batallas individuais ou por parellas.
Así poderán participar na categoría Sub 12 (para os nacidos entre 2007 e 2019) en fútbol 8. Tamén haberá categoría Sub 15 (2004-2006), Sub 18 (2000-2003), Sénior (maiores de 1999) e Feminino (maiores de 2003).
O prazo de inscrición estará aberto ata o día 14 de abril e esta pode facerse a través de mail (batallaRCV@gmail.com) ou teléfono (644 386 405 / 676 007 431 / 982 512 079).