O Vilalbés xogará os play off de ascenso a Segunda División B por segunda vez na historia
O equipo sénior do Rácing Vilalbés conseguiu o pasado domingo de forma matemática e a falta dunha xornada para o remate da Liga a clasificación para disputar a fase de ascenso a Segunda División B tras gañar 0-3 na súa visita ao Ribadumia.
Álex Pérez, de penalti, José Varela e Sergio Arias, de novo de penalti, foron os autores dos goles para unha vitoria histórica, que permite ao club albivermello xogar un play off por segunda vez na súa historia, trala clasificación lograda na tempada 2010-2011.
Agora falta por saber si xogará polo asecnso como terceiro (agora mesmo é terceiro con 68 puntos) ou cuarto clasificado, o cal decidirase no último partido, que terá lugar esta fin de semana na capital chairega contra o Laracha. O factor campo será importante para que o equipo poda facer un anaco máis de historia.