O vindeiro 30 de abril terá lugar o primeiro Pleno telemático da historia de Burela

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
23 Abr 2020

O vindeiro 30 de abril terá lugar o primeiro Pleno telemático da historia de Burela. Onte tiveron lugar as probas preparatorias. Na orde do día figuran asuntos como o Plan Único, o inventario municipal ou a adxudicación do servizo de recollida do lixo e limpeza viaria.

O alcalde, Alfredo Llano, explicou que “fiixemos unhas probas telemáticas con persoal da Deputación porque este é un servizo que podemos empregar grazas ao persoal e aos equipos do organismo provincial”.

O rexedor subliñou que “vamos facer o primeiro pleno telemático da historia de Burela o xoves da vindeira semana, día 30, e hoxe estivemos facendo unhas probas para levar a cabo esa sesión, na que irán catro puntos: o inventario municipal; a cooperación cos concellos polo clima, porque agora mesmo corresponde ser rigorosos cos temas de medio ambiente e nós queremos estar aí tamén; a adxudicación do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria; e as obras do resto do plan Único”.

0.11739993095398