O vindeiro Plan de Acción para o Marisqueo velará pola sustentabilidade do sector

TerraChaXa | AMariñaXa
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, explicou no Parlamento que Galicia contará co Plan de Acción do Marisqueo Galicia 2030, unha ferramenta que terá como obxectivo “garantir a explotación sostible e conservación dos recursos marisqueiros, integrando aspectos biolóxicos, sociais, de emprego, económicos e medioambientais”.
66116863_10219102089684805_5610179027558989824_o
13 Xul 2019

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, explicou no Parlamento que Galicia contará co Plan de Acción do Marisqueo Galicia 2030, unha ferramenta que terá como obxectivo “garantir a explotación sostible e conservación dos recursos marisqueiros, integrando aspectos biolóxicos, sociais, de emprego, económicos e medioambientais”.
A titular de Mar informou de que se prevé que estea listo para o seu lanzamento nos próximos meses para ser posteriormente mellorado”. Neste sentido, indicou que o seu horizonte de aplicación é 2030, mais terá un punto de reformulación en 2022 de cara a adecualo ás liñas de traballo revisadas e de adaptalo tamén ás posibilidades de financiamento xurdidas dos fondos europeos. 
Este plan, afondou Rosa Quintana, estará centrado en liñas orientadas a unha xestión sostible e á conservación dos recursos; á protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños; ao desenvolvemento socioeconómico e do emprego; ao apoio á comercialización dos produtos e á gobernanza. Deste xeito, subliñou, “preténdese dar continuidade a toda a liña de actuación que permitiu recuperar a actividade nestes anos e frear a caída na que se atopaba cando este Goberno asumiu as súas tarefas en 2009”.
Para iso, engadiu, conta cun financiamento de 55 millóns de euros de varias liñas do actual Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, prevéndose sumar os achegados ao abeiro do próximo fondo 2021-2027, onde se estima un reforzo destas liñas a nivel europeo.
En canto ao alcance desta futura ferramenta, a conselleira explicou que comprenderá “a un colectivo de máis de 10.000 persoas que desenvolven a actividade marisqueira nas augas galegas, ben na modalidade a pé ou ben desde embarcación”. Tendo en conta que a maioría dos profesionais do marisqueo son mulleres, puntualizou, “o seu grupo beneficiario principal será o feminino”.

0.15675806999207