O Virxe do Corpiño abre unha aula ao aire libre

TerraChaXa
O colexio Virxe do Corpiño de Begonte vén de abrir unha nova aula ao aire libre co obxectivo de minimizar os riscos de contaxios por covid-19.
aula exterior begonte
15 Mar 2021

O colexio Virxe do Corpiño de Begonte vén de abrir unha nova aula ao aire libre co obxectivo de minimizar os riscos de contaxios por covid-19 e, ao mesmo tempo, "aproveitar a contorna natural que conforma o patio da escola".

A aula ten forma de anfiteatro e destinarase a nenos de todas as idades e asignaturas combinando o ensino co contacto coa natureza.

A aula foi financiada entre o Concello de Begonte, a anpa As Faias e o propio centro.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16536688804626