O Virxe do Corpiño cambia o mobiliario de Primaria e crea o Consello Escolar Infantil

TerraChaXa
O CEIP Virxo do Corpiño de Begonte investiu un total de 18.000 euros na reforma e modernización das aulas de Educación Primaria.
ceip virxe do Corpino novo mobiliario
28 Mar 2022

O CEIP Virxo do Corpiño de Begonte investiu un total de 18.000 euros na reforma e modernización das aulas de Educación Primaria. O obxectivo deste cambio é, como explican dende o centro, "utilizar un mobilizario máis moderno e funcional, acorde con metodoloxías didácticas máis colaborativas e respetando o establecido no novo Plan de Arquitectura Pedagóxica de Galicia".

Deste modo, foron cambiadas todas as sillas e mesas e ademais adquiríronse catro equipos completos de pizarras dixitais interactivas "que nos permiten mellorar o equipamento TIC do centro e contribuir ao desenvolvemento da competencia dixital nos nosos nenos/as".

O cambio foi subvencionado polo Concello de Begonte.

CONSELLO ESCOLAR INFANTIL

Ademais do cambio de mobiliario, o colexio realizou a pasada semana a primeira reunión do Concello Escolar Infantil, que se levou a cabo na biblioteca.

Nesta reunión, o alumnado representante de cada clase trasladou ao equipo directivo diferentes ideas, propostas e suxestións sobre determinados aspectos da vida diaria na escola.

"Así, aprendemos a ter iniciativa por mellorar as cousas, e a empregar a palabra e o debate respetuoso para conseguir o que queremos", engade o director do centro.

O colexio está a celebrar seta semana a British Week, que deu comezo hoxe e se prolongará ata o 1 de abril e ten como obxetivo promover a cultura británica con numerosas actividades.
0.1688859462738