O Virxe do Corpiño fai na biblioteca a maior inversión realizada ata de agora con fondos propios
O CEIP Virxe do Corpiño de Begonte vén de rematar estes días as obras de remodelación da súa biblioteca, na que investiu un total de 22.000 euros, 17.000 en mobiliario e outros 5.000 en libros. Trátase como explica o seu director, Eliseo Real Franco, "do maior investimento realizado na historia do centro con fondos propios".
Esta remodelación vén marcada pola inclusión deste centro no Plan de Mellora de Bibliotecas da Xunta e para continuar co seu programa de impulso deste servizo, "que xa era un polo fundamental do cole", di o director.
As reformas, "unha aposta clara para darlle o espazo que merece á biblioteca", consistiron nunha reforma integral "para crear a biblioteca que nós cremos que é o modelo a seguir" e tamén é o modelo que propón a asesoría de bibliotecas escolares.
Trátase por tando dunha serie de mobles móbiles, poden transformarse os espazos rapidamente xa que a súa función é multidisciplinar, para ler, investigar en todos os soportes, traballar impresión nen 3D, robótica, e outras moitas tecnoloxías.
A biblioteca está aberta ás familias, coa súa propia sección con libros de consulta. De feito, o obxectivo é abrir a biblioteca fóra do horario lectivo para que as familias podan coller libros, participar en contacontos ou distintos proxectos transversais que se están levando a cabo.
"Nós chamámoslle a aula do futuro", di Eliseo Real.
Na inauguración deste novo centro estivo o alcalde e representantes da Xunta, así como asesores de bibliotecas escolares. Pola mañá fíxose unha inauguración para os nenos cunha actuación de Uxía Lambona e pola tarde foi a celebración aberta ás familias.
"Levábamos moitos anos soñando con esa biblioteca e facela realidade é un gusto", engade o director. Este avanzou tamén que o centro vai retomar as actividades das familias, a Escola de Familias, que se levarán a cabo na biblioteca, e poñerase en marcha o Consello Eescolar do colexio para que os pequenos podan transladar ao centro as súas inquedanzas.