O Virxe do Corpiño incorpórase á Rede de Centros Plurilingües
O CEIP Virxe do Corpiño incorporarase o novo curso á Rede de Centros Plurilingües de Galicia e ao programa Pluriinfantil.
O principal cambio que suporá para o centro é que con esta medida impartirase unha materia non lingüística en inglés, progresivamente desde cuarto de Educación Infantil ata sexto de Educación Primaria.
Ademais, o centro contará cun auxiliar de conversa, nativo dealgún país de fala inglesa, para complementar e enriquecer o traballo da mestra de inglés co alumnado. Así mesmo, o alumnado recibirá ao remate de cada etapa unha certificación de que realizou os seus estudos nun centro plurilingüe.
Como complemento, o centro levará a cabo actividades extraescolares e complementarias plurilingües, co obxecto de potenciar a aprendizaxe das linguas.
Finalmente, outros dos cambios que implica que é muda o nome do centro, pasando a denominarse CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño.