O viveirense Ánxel Vizoso gaña o Volante Deputación

TerraChaXa | AMariñaXa
O viveirense Ánxel Vizoso, gañador do Volante Deputación promovido pola Vicepresidencia no circuíto da Pastoriza.
finalistas volante deputacion pastoriza
11 Xul 2022

O viveirense Ánxel Vizoso López foi o vencedor do premio Volante Deputación, que se disputou ao longo desta fin de semana no circuíto da Pastoriza e no que se puxo en xogo unha praza para competir na vindeiro Rally San Froilán.

O mozo viveirense foi o máis rápido na proba final (1.43.103), por diante de Pablo Núñez Fernández (1.49.130), Jesús Amor Vidal (1.52.257) e Salvador Carreira Lamas (1.52.997), que completaron o cadro de finalistas tras dúas xornadas de intensa actividade no circuíto pastoricense.

As persoas participantes na proba, organizada por PTC Escuela co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello da Pastoriza, recibiron formación en condución deportiva e tiveron a oportunidade de iniciarse na competición automobilística coas probas cronometradas que se realizaron durante a fin de semana.

O gañador poderá seguir perfeccionando a súa destreza ao volante nos próximos días, nos que recibirá formación específica para competir de forma gratuíta no Rally San Froilán, aos mandos dun Dacia Sandero Cup con asistencia do equipo Trs Racing Team.

0.17385816574097