O Viveiro CF reinicia os adestramentos co equipo ao completo
O Viveiro CF reiniciou os adestramentos de cara á proxima tempada onde miliatará, 14 anos despois, en Terceira División, tras obter o ascenso ao rematar a competición no alto da táboa de Preferente.
Tras unha primeira confección do equipo o club, que volve dirixir este ano Jesús Gómez Núñez Chusky, continuou coas novas incorporacións. E o caso de Jacob e Tomás, que defenderá a portería e a incorporación de Aitor Moreda dende o Vilalbés. O último fichaxe é o de Facundo Nicolás Pérez, Facu, de 23 anos, que procede do Buzanada, do grupo canario de Terceira e que militou tamén o Lugo B Polvorín.
O conxunto que se enfrontará este difícil ano aos compañeiros de Terceira conta con 19 futbolistas dos que 11 son menores de 23 anos e só catro superan os 25.
O Viveiro contará de novos co tres capitáns do equipo, Xaime González Vilariño, Arturo Calvo Martínez e Álex Meitín Serantes. Xunto a estes tamén seguirán no club mariñao Uriol, Rolle, Pablo, Roi, Agus, Iván, Tichu o pichichi da competición de Preferente Gerardo e Manu Cedrón.
Entre as novidades previstas para este ano está a chegada de Asier. De celeste tamén vestirán a próxima tempada Dani Montes, Edgar e Pablo Rey.