O Viveiro elimina ao Vilalbés na fase previa da Copa Federación
TerraChaXa | AMariñaXa
Venceu na queda de penaltis despois de empatar a cero o partido
Un momento do partido
4 Ago 2024
O Viveiro fíxose onte co pase a cuartos de final da Copa Federación despois de vencer ao Rácing Vilalbés na quenda de penaltis.
Os dous lugueses, que xunto coa Sarriana son os únicos representantes da provincia na competición, disputan a fase previa esta fin de semana.
Partido de toma de contacto coa nova tempada, que se inicia no mes de setembro, e no que faltaron os goles. Duelo limpo ata o tramo final, no que a ansia de gol levou a forzar varias faltas, aínda que se resultado.
Ao final foron os penaltis os que decidiron a contenda. Igualdade tamén neste punto xa que os celestes acertaron os cinco mentres que o Vilalbés só fallou o último.