O Volante Deputación celebrarase esta fin de semana na Pastoriza
Os próximos 3 e 4 de outubro celébrase no circuíto da Pastoriza a 9ª edición do Volante Deputación de Lugo, unha actividade que pretende achegar a calquera persoa sen experiencia o mundo da competición automobilística, vivindo desde dentro un rallie como o San Froilán, tal vez o mais carismático de Lugo, combinando deporte e formación, posibilitando ó gañador vivir a experiencia de pilotar participando nun rallie.
Esta iniciativa deportiva, con carácter absolutamente gratuíto, que está posta en marcha pola Deputación de Lugo, consiste nunha selección onde os participantes recibirán un curso de condución para igualar e equilibrar coñecementos entre uns e outros. O proceso de selección estará supervisado por un xurado composto por pilotos, monitores de PTC Escuela e colaboradores deste proxecto.
O prazo para enviar os formularios de inscrición pecha o venres 2 de outubro de 2020 ás 15:00 horas. As prazas están limitadas a 185 participantes, e será por rigoroso orde de recepción das inscricións.
O titular do primeiro premio será seleccionado como piloto e participará no Rallye San Froilán 2020 dentro da estrutura do equipo de competición PTC de forma totalmente gratuíta. O segundo e terceiro clasificados recibirán como premio unha formación especifica de piloto recibindo un curso multidisciplinar de competición, curso ao que loxicamente tamén terá acceso o vencedor.