As Pontes bailará este domingo para reivindicar o patrimonio industrial
TerraChaXa
O domingo 10 de setembro celebrarase o Work It Out, un evento que fan todos os anos desde 2021 e que consiste nun baile que se fai en toda Europa, á mesma hora, para reivindicar o patrimonio industrial e a súa importancia para coñecer o noso pasado como pobo.
7 sep 2023

Este ano terá lugar ás 15.00 horas no lago das Pontes e quedarase unha hora antes no mesmo sitio para ensaiar. Neste enlace pódese atopar o baile para ensaiar.
As persoas interesadas deberán anotarse a través do correo turismoaspontes@gmail.com ou no teléfono 673 200 639 antes do venres 8 ás 20:00h.
Só hai que ir, preferiblemente, con camiseta negra e a organización dará a gorra azul conmemorativa do envento deste ano.