O xeriátrico Betania de Viveiro beneficiarase dunha doazón de alimentos polo día de Reis

TerraChaXa | AMariñaXa
O xeriátrico Betania de Viveiro é unha das entidades que se beneficiará da doazón de alimentos que vai facer a compañía galega Vegalsa-Eroski coincidindo coa celebración do Día de Reis.
5 Xan 2021

O xeriátrico Betania de Viveiro é unha das entidades que se beneficiará da doazón de alimentos que vai facer a compañía galega Vegalsa-Eroski coincidindo coa celebración do Día de Reis. A compañía de distribución alimentaria mantén deste xeito as doazóns solidarias que realiza de xeito periódico para axudar aos que mais o precisan. Ademais do xeriátrico viveirense recibirán tamén alimentos a Cociña Económica de A Coruña, Ferrol e Santiago, a residencia Cottolengo de Santiago, a Institución Benéfica Padre Rubinos y Renacer de A Coruña, a Asociación Ciudadana de Lucha contra la Droga (ACLAD) de A Coruña, Sal de la Tierra de Vigo, Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres, tamén de Vigo, o Hospital Asilo Nuestra Señora de los Ángeles de Ribadavia, e a Asociación Caridad Santiago Apóstol de Cangas.

En total, Vegalsa-Eroski doará neste día de Reis 11.340 kilos de produtos para a elaboración de 4.830 menús que incluirán, entre outros, gambón, pescada, lomo de porco, fideos, patacas, cenorias, cebolas, pementos, chícharos ou mazás. Os alimentos doados permitirán elaborar os menús que se servirán ou ben nos comedores sociais ou que se entregarán para levar, atendendo ao protocolo establecido por cada entidade benéfica. Ademais, tendo en conta o momento que estamos a vivir polo covid-19, para efectuar a doazón estableceranse os protocolos de seguridade tanto na preparación como no reparto desta doazón especial, sendo obrigatorio o uso de guantes durante a manipulación dos productos e as entregas, ademais do uso do xel desinfectante.

Esta acción solidaria pon de manifesto o compromiso de Vegalsa-Eroski cos mais desfavorecidos, establecendo así unha liña de axuda social que se repite anualmente. A compañía adquiriu fai unha década o compromiso de doar, ao longo do ano, cinco comidas solidarias en datas especiais. Dende 2010 a empresa doou 567 toneladas de produtos para a elaboración destes menús especiais no Día de Reis, Día da Nai, Día do Pai, Día de Galicia e Día de Todos os Santos.

 

0.18927001953125