O ximnasio municipal de Begonte inicia clases de adestramento persoal
TerraChaXa
As clases terán lugar dúas veces por semana, os martes e xoves, con sesións dunha hora
29 Out 2024
O Concello de Begonte abre a inscrición para clases de adestramento persoal no ximnasio municipal a partir de novembro. As sesións, que se realizarán en grupos de 4 a 6 persoas, ofrecen unha oportunidade única para mellorar a forma física con supervisión personalizada.
Os prezos das clases serán de 50 euros ao mes para empadroados e de 60 para o resto.
As clases terán lugar dúas veces por semana, os martes e xoves, con sesións dunha hora en horarios dispoñibles. Para formar parte deste programa, os interesados deben inscribirse no Concello de Begonte.