O xornalista Manuel Cruz será o pregoeiro da Moexmu
O xornalista Manuel Cruz Rodríguez será o pregoeiro da XXXV edición da MOEXMU que se inaugurará o vindeiro venres 5 de abril.
Manuel Cruz Rodríguez naceu e criouse no Barco de Valdeorras, Ourense. Licenciado en Ciencias da Información, especialidade xornalismo, na Universidade de Santiago de Compostela. Durante traballou como peón nunha brigada do servizo contraincedios, con base en Vilanova (O Barco de Valdeorras). Mentras que tamén fixo prácticas como redactor na delegación de Valdeorras de La Voz de Galicia e de Radiovoz.
Ademáis de redactor dos programas O Agro e Labranza, dende 1.996 ata a actualidade, é o presentador do programa Labranza dende o 2.004, asumindo a dirección de ambos espazos no ano 2.011, tras a xubilación de Anxo Vázquez Pernas.
Despois de 26 anos de emisión ininterrumpida e 1.462 programas, Labranza é o decano da infomación agraria en televisión a nivel nacional. Ao longo de todos estes anos, dito programa foi testemuña do gran cambio experimentado polo sector agrario de Galicia nas dúas ultimas décadas, especialmente a partir da entrada de España na Unión Europea.