O xoves abre a mostra de fotografía retrospectiva do Iescha 'Tal como eramos'
O Instituto de Estudos Chairegos Pena do Encanto (Iescha), inaugura o xoves, día 29 de agosto, ás 20:00 horas, na sala de exposicións do auditorio municipal de Vilalba, a mostra fotográfica baixo a denominación xenérica Tal como eramos. Fotos para o recordo, que chega á súa XII edición.
Esta mostra está integrada por 208 fotografías procedentes da fototeca do Iescha, e é posible grazas ás aportacións de moitos veciños e veciñas de Vilalba e comarca.
As fotos que compoñen a Exposición, repartidas en 26 paneis, son de temática variada (deportes, celebracións, feiras e festas, música, nenas e nenos, grupos, oficios e actividades, paisaxes e recantos, paseos, etc.) e a maioría delas corresponden á primeira metade do pasado século XX.
A duodécima edición de Tal como eramos- Vilalba poderá ser contemplada dende o mesmo xoves 29 de agosto (inauguración) ata o 26 de outubro no horario estipulado de apertura.
Todas estas fotos, xunto coas da exposición de Tal como eramos de Guitiriz, incluiranse no apartado correspondente do Caderno de Estudos Chairegos nº 12, que se editará a finais do presente ano 2024.
CONSULTA O RESTO DO PROGRAMA NESTE ENLACE