O Torneo de Fútbol Burbulla de Baamonde bate récord de inscricións

TerraChaXa
O Cercud na praia fluvial de Baamonde recupera o Torneo 3×3 Fútbol Burbulla, que terá lugar o 31 de xullo. A inscrición pecha o xoves.
futbol burbulla portada
27 Jul 2021

O Cercud na praia fluvial de Baamonde recupera o Torneo 3×3 Fútbol Burbulla, que terá lugar o 31 de xullo e faino cun récord de participación, xa que haberá 20 equipos o máximo que se permite. É unha cifra récord para esta competición, que nas anteriores edicións celebrouse cunha participación máxima de 8 equipos.

Trátase dunha actividade que conxuga o deporte coa oferta lúdica e consiste en xogar metido dentro dunha burbulla xigante, que lles ocupa aos xogadores todo o tronco. Pódense dar golpes e revolcóns sen ningún tipo de perigo e lesións.

Cada equipo estará formado por tres xogadores admitíndose equipos masculinos, femininos e mixtos coa única limitación de ter máis de 16 anos.

Os 3 primeiros clasificados levarán trofeos e vales agasallo dunha tenda deportiva e o resto medallas. Ademais haberá unha comida de confraternización entre os equipos.

As inscricións xa están pechadas ao ter chegado ao máximo permitido no torneo. Toda a información pódese atopar na web futbolburbulla.com.

Tanto o torneo como a comida contarán coas medidas sanitarias regulamentarias contra o covid, co uso obrigado de máscara en todo o recinto e división en grupos de 6 persoas.

torneo futbol burbulla baamonde
0.16210794448853