O Xulgado de Paz e Rexistro Civil de Abadín reabre as súas portas tras finalizar a reestruturación

TerraChaXa
A atención ao público estará dispoñible os luns, mércores e venres, en horario de 12:00 a 14:00 horas
xuiz-xulgado-xustiza
5 Nov 2024

O Xulgado de Paz e Rexistro Civil de Abadín vén de completar as obras de reestruturación das súas instalacións, o que permitirá retomar a actividade habitual con melloras na atención ao público. Desde agora, os veciños poderán acudir presencialmente para realizar os seus trámites de forma cómoda e áxil, aproveitando un espazo renovado e adaptado ás súas necesidades.

A atención ao público estará dispoñible os luns, mércores e venres, en horario de 12:00 a 14:00 horas. Estes horarios permitirán aos cidadáns realizar xestións de rexistro civil, como inscricións e certificados, así como outros trámites vinculados co Xulgado de Paz.

"Coas novas instalacións en funcionamento, espérase ofrecer un servizo máis eficiente e próximo, respondendo á demanda da veciñanza e mellorando as condicións de traballo para o persoal", subliñan desde o Concello.

0.1894850730896