O xurado do certame de debuxo e redacción do Festival de Pardiñas xa ten gañadores

TerraChaXa
Os organizadores do Festival de Pardiñas veñen de facer público o fallo do XXXIX Certamen Terra Chá, ao que se presentaron 622 traballos procedentes de centros de ensino da contorna.
19 Xuño 2018

Os organizadores do Festival de Pardiñas veñen de facer público o fallo do XXXIX Certamen Terra Chá, ao que se presentaron 622 traballos procedentes de centros de ensino da contorna. Os premios entregaranse o 5 de agosto ás 18.00 horas, dentro da programación do festival.

Dentro do grupo de colexios da Terra Chá en debuxo foron premiados na categoría infantil Zoe Saavedra, Lara Seijas, Lucía Roca, Claudia López López, Miguel Ansede Blanco e Álex Paz Carballido, do Plurilingue Lagostelle de Guitiriz.

Do primeiro ciclo de Primaria os premios foron para Icía Riveira Díaz, do CEIP Mato Vizoso de Vilalba; e Claudia Silvarrey Rego, Karla Rilo Rodríguez e Martín Paz Rodríguez, do CEIP Santo Estevo de Parga. Do segundo ciclo os galardóns serán para Uxía Balsa Lage, Elba Sanmartín Rodríguez e Aroa López Río, do Plurilingue Lagostelle de Guitiriz. No terceiro ciclo gañaron Daniel Morandeira Amil e Gabriel Iglesias Gayoso, do CEIP Sto Estevo de Parga, e Mencía Rodríguez Lorenzo, do Plurilingue Lagostelle de Guitiriz.

En poesía gañaron no primeiro ciclo de Primaria Juan Fraga López, Alberto Santos P., Sandra Seijas Roca, Juan López Vidal, Nora Tomé Vázquez, Bruno Pereira Pardo, Bruno Roca López, Xoel Alvárez Morado, Diego López Paz, Hugo Paz Vázquez, Paula Prieto Teijido e Lorena Gómez Díaz.

No segundo, gañaron Mirxa Irene García Pena, Aner Roca Purriños, Pablo Iglesias Ares, Helena Hang Fernández e Verónica Ruíz Alban. Tamén levaron premio Mariña Pombo Roura, María Seoane González e Lucía López Alvariño, do terceiro ciclo e Noelia Álvarez Pita, do IES Basanta Silva de Vilalba.

Na categoría de Prosa os gañadores foron Bruno Freire López, Martín Picos Martinez, Nerea Guerra Iglesias e Sara Basanta Paz, do segundo ciclo, e Aitor Díaz Lata, Adrián Castro Martínez, Candela Ferreiro Vázquez, Laura Fraga Paz, Darío Seixas Pérez- Carrillo, do terceiro, e Tania Pena Currás do IES Basanta Silva de Vilalba.

Dentro da categoría de fóra de Galicia, os premios de infantil foron en debuxo para Yared Dosil Francos, Lucas Fiaño Taboada, Manuel Carro Méndez, Sergio Liñares Sánchez, Raúl Gómez Ferreiro, Brais Mosquera Pardo e Nerea Arias Sanjurjo.

Do primeiro ciclo de Primaria gañaron Lara González Torres, María Incera Loza, Unai Fernández da Silva, Martín Estraviz López, Antón Tizón Lamas, Marco Sánchez Senra e Daniela Freixo Forés. Do segundo os premios foron para Iván Sánchez Grobas, Horacio Vázquez Sánchez e Uxía Vázquez Franco. No terceiro gañaron Julián Merelas, Hada Galán Lamas e Mª Victoria Morandeira Lauro.

En poesía os galardóns irán para Inés Fernández Piñeiro, Ánxela Prado Díaz, Nicol Pita Cacharrón, Nicolás Martínez Vázquez, Xoel Santos Lado, Julián Freire Gómez, Berta Prado Martínez, Brais Candal Gómez, Carla Fernández Gómez, Sergio Portos Fernández, Laura Solla Pérez, Juán Durán Portela e Rosa Mariño Fernández. En Secundaria gañaron Mateo Gil Carbajal, Xiana Piñeiro Fernández, Ana Villar Germade e Sara Fernández Pazos

O premio en vídeos musicais foi para o audiovisual Da Cantora Madam Agi, das e dos alumnos de 1º , 2º e 3º da ESO do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, dirixidos/as por Sandra Tenreiro. E o premio á creación en rap recaeu en Stop Bullying, de Laura Solla Pérez, Ana Villar Germade e Rosa Mariño Fernández de 4º da ESO do IES A Paralaia (Moaña).

Tamén haberá premio para o grupo de teatro do Insua Bermudez de Vilalba pola representación de A Malla, das alumnas/os de 6º de primaria dirixidos por María Guerrero. e para Recuperación da Regueifa, do 6º curso de primaria da Escola Waldorf Meniñeiros de Friol.

En fotografía tamén premiouse a Nico Otero Botana, Roi Pardo Rúa, Xoel Cao Rodríguez, Joel Fernández Gómez, Lucía Blanco Manteiga e Gloria Iglesias Grobas en Primaria. En Secundaria as premiadas son Vanessa Domínguez Labariñas, Saray Núñez Martínez, Lucía Álvarez Domínguez, Zaida Alves Gómez, Ana Gallego Pérez e Emma Casanova Martínez.

0.19364595413208