O xurado do III Certame de Teatro Concello de Lourenzá elixiu os nominados para os premios

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O xurado do III Certame de Teatro Concello de Lourenzá, formado por Ana María Díaz Díaz, Miguel Gavín Sánchez, Javier Huertas Otero, María Cruz Valea López e presidido polo concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, deu a coñecer as obras, actrices e actores que optan aos distintos premios que se concederán na gala que se celebrará o día 14 deste mes, sábado, ás 20 horas na carpa situada no Campo dos Bolos.
Captura de pantalla 2020 03 20 a las 12.39.53
10 Dec 2019

O xurado do III Certame de Teatro Concello de Lourenzá, formado por Ana María Díaz Díaz, Miguel Gavín Sánchez, Javier Huertas Otero, María Cruz Valea López e presidido polo concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, deu a coñecer as obras, actrices e actores que optan aos distintos premios que se concederán na gala que se celebrará o día 14 deste mes, sábado, ás 20 horas na carpa situada no Campo dos Bolos. Ao remate da gala o actor Sergio Pazos interpretará o monólogo Rebento se non o conto. A entrada é gratuíta.

 

Os elixidos para o Premio Conde Santo á Mellor Representación son A Última Cea, de Fauna 113,  Fuga, de Gargallada Teatro e A Lola, de Avelaíña Teatro.

Para o Premio Lourenzo ao Mellor Actor os elexidos son Xulio Leal, de Avelaíña Teatro, Jorge Castro, de Touporroutou e Lalo Santos, de Gargallada Teatro.

Para o Premio Ana á Mellor Actriz son Paz Quiroga, de Touporroutou, Iris Darriba, de Fauna 113 e Reyes Limia, de Gargallada Teatro.

Na categoría de Mellor Posta en Escena son Comedia Bífida, de Touporroutou, Un! Dous! Tres!, de Carauta Teatro e A Última Cea, de Fauna 113.

Para o Premio ao Mellor Actor De Reparto Pablo Rodríguez, de Fauna 113, Miguel Anxo Martín, de Avelaíña Teatro e Manuel Caramés, de Gargallada Teatro.

No Premio á Mellor Actriz de Reparto as elexidas son Paula Díaz, de Carauta Teatro, Ana Casal, de Fauna 113 e Aurora Fernández, de Gargallada Teatro.

Xa por último o Premio Especial do Público Fuga, de Gargallada Teatro, A Estraña Familia, de Martabelas Teatro e Un! Dous! Tres!, de Carauta Teatro.

Ademais o xurado decidiu establecer un Premio especial á orixinalidade do atrezzo e vestiario, que se coñecerá o día da gala.

0.37127304077148