O xurado escolle as postais gañadoras do concurso do Concello de Vilalba
Tras unha complexa deliberación por parte do xurado, xa se coñecen os gañadores e gañadoras do Concurso de Postais de Nadal organizado pola Concellaría de Educación de Vilalba.
Na categoría infantil os primeiro premio foi para Pepa Gómez López, seguida de Río Prieto García e Antía Prado Rouco, os tres alumnos da Escola Infantil
Na categoría de 1º a 3º de Primaria a listaxe encabezouna Sofía Alvariño Villares, do CEIP Insua Bermúdez, seguida de Lara Barro Pernas (CEIP Monseivane) e Mara Paz Martín (CEIP Mato Vizoso). No último grupo, para alumnos de 4º a 6º de Primaria, gañou Uxía Carracedo Fraga (CEIP Mato Vizoso), con Aldara Lodeiro Funcasta (CEIP Mato Vizoso) e Nerea Campello Campello (CEIP Insua Bermúdez).
A organización agradece a participación de todos os nenos e nenas que enviaron os seus deseños e felicita aos gañadores. Ademais, anuncia que moi pronto o deseño gañador será impreso para felicitar o Nadal en todas as casas.
O acto de entrega de premios terá lugar o vindeiro 13 de decembro ás 18:30 na casa da cultura de Vilalba.