O xurado escolle os gañadores do concurso de postais e poesía de Nadal de Pastoriza

A Biblioteca Municipal de Pastoriza deu a coñecer o fallo do XXII Concurso de Poesía e Tarxetas de Nadal, correspondente á edición Nadal 2025. O certame volveu amosar unha elevada participación infantil e xuvenil, consolidándose como unha das citas culturais máis destacadas do Nadal no municipio.
Na modalidade de tarxetas de Nadal, na categoría A ata 5 anos, o primeiro premio foi para Valeria Silvent Salgado, mentres que o segundo recaeu en Claudia Pedreira Coido e o terceiro en Yovani Rodríguez Hoz. Na franxa de idade de 6 a 8 anos, o xurado concedeu o primeiro premio a Jimena Lodos Legaspi, o segundo a Coral García Rancaño e o terceiro a Luca Fernández Valderrama, ademais de dous accésits para Lois Vilela Gómez e Artai Álvarez Lorido.
Dentro da categoría B de tarxetas, o primeiro premio foi para Yeray Iglesia Rigueiro, seguido de Mateo Expósito Martínez en segunda posición e Lucas Fernández Dorado en terceira. Nesta categoría tamén se concederon dous accésits a Valeria Rodríguez Canto e Hugo Martínez Martínez.
Na categoría C de tarxetas, correspondente ás idades máis avanzadas, o primeiro premio foi para Ares González Fernández, o segundo para Zaida García Seco e o terceiro para Antía Gómez Piñeiro, mentres que o accésit foi para Xiana Martínez Martínez.
No apartado de poesía, na categoría B, o xurado acordou outorgar o primeiro premio a Yoana Basanta Canto, o segundo a Icía Veres Iglesias e o terceiro a Samira Maira González Vesco, recoñecendo así a creatividade literaria e a sensibilidade poética das participantes.
O Concello da Pastoriza destacou a calidade dos traballos presentados e puxo en valor a importancia deste concurso como ferramenta de fomento da lectura, da escritura e da creatividade entre a infancia e a mocidade, ao tempo que se manteñen vivas as tradicións culturais vencelladas ao Nadal.
O xurado estivo composto por Matilde Arrizado Yáñez, profesora do IES Fontmiña; Alicia Lombardía Méndez, mestra do CEIP de Bretoña; Vanesa Uzquiano Díaz, mestra do CEIP O Salvador; Jacobo Rodríguez Penelas, director do CEIP O Salvador; María López Prado, auxiliar de biblioteca, que actuou como secretaria do xurado; e Marcos García Lombardero, tenente de alcalde de Pastoriza.