O xurado escolleu as postais gañadoras do concurso de Rábade
TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Rábade felicitará este Nadal coas postais deseñadas por Yenli Milagros (Categoría A, de 3 a 5 anos), Yanira Casanova (Categoría B, de 6 a 9 anos) e María Nogareda (Categoría C, de 10 a 14 anos), gañadoras do XVII Concurso de postais.
14 Dec 2023

Tamén levan premio o 2º e o 3º posto. A dotación dos premios é de 60 euros para o primeiro, 40 para o segundo e 20 para o terceiro. Deberán ser canxeados no comercio de Rábade.
A entrega de premios e diplomas farase o día 26 de decembro ás 18:00 horas no Centro Sociocultural de Rábade.
O Concello dálle os parabéns a todos e todas e as grazas por participar no concurso.