O XX Concurso de Debuxo e Relato da Filloa xa ten gañadores
Na noite do luns 29 de abril, tivo lugar a xuntanza do xurado do XX Concurso de Debuxo e Relato da Filloa. Na temática desta edición, os nenos tiveron que realizar os seus traballos sobre A Festa da Filloa e as zocas.
Os traballos gañadores serán expostos durante a celebración de dita festa gastronómica, e os galardonados recibirán os seus premios despois do pregón da Festa o vindeiro primeiro de maio.
Ao final, foron 85 os traballos presentados de sete centros escolares, nos cales Izán Seoane Darriba e Antía García González gañaron o primeiro e segundo posto respectivamente na categoría de Debuxo ata 6 anos. Xurxo Piñeiro Yáñez, Sandra Méndez Soto, Noé Parga Valiño e Martín Cuba Vizoso obtiveron os premios en Debuxo de 7 - 9 anos; en Relato de 7 - 9 anos gañou Simón Lamas Vázquez.
En Debuxo de 10 - 12 anos o primeiro premio foi para Cristina Rivas Seivane e o segundno para Iago Miguélez Palacios; e en Relato María Gómez Pena, José Pollán Díaz, Aroa García Fernández e Naira Castro Vázquez.
En Debuxo de 13 - 18 anos foron Luis Veiga Rego e Sandra Gómez Currás acadaron os primeiros postos; e en Relato gañou Andrea Folgueira Fernández.
Os premios están patrocinados pola propia comisión da Moexmu, ademáis do Concello de Cospeito, a Deputación Provincial de Lugo, a Delegación Provincial en Lugo da Xunta de Galicia, e varias entidades financieiras (Abanca, Sabadell Gallego e Caixa Bank). Ademáis a Universidade de Santiago de Compostela, que fará entrega dunha Tablet a un dos dezaseis gañadores.