O XXII Concurso de Debuxo e Relato da Filloa xa ten gañadores

TerraChaXa
O xurado do XXII Concurso de Debuxo e Relato da Filloa informou dos galadores do certamen sobre a Festa da Filloa
concurso festa filloa debuxo 7 9   2022
29 Abr 2022

Na noite do xoves 28 de abril, tivo lugar a xuntanza do xurado do XXII Concurso de Debuxo e Relato da Filloa. Na temática desta edición, os nenos tiveron que realizar os seus traballos sobre A Festa da Filloa.

Os traballos gañadores serán expostos durante a celebración de dita festa gastronómica, e os galardonados recibirán os seus premios despois do pregón da Festa o vindeiro 1 de maio.

Ao final, foron 161 os traballos presentados de sete centros escolares, nos cales o CEIP de Muimenta gañou na categoría de debuxo con 6 participantes e 1 en relato, seguido do Mato Vizoso de Vilalba con 4 de debuxo, o CEIP Ramón Falcón de Castro de Rei con 2 de debuxo e 1 de relato.

Na categoría debuxo ata 6 anos foron Aldara Lodeiro Funcasta con A Festa da Filloa; Sofía Trinidad Campello con Festa da Filloa 31; Alex Renda Matos con Chuvia de filloas de cores; Alicia Andión Novo con As filloas saborosas; Aya Belemgadem con Como me gustan as filloas e Valentina Alvariño Currás con Festa da Filloa.

Na de 7-9 anos os gañadores son Mara Zapata Folgueira co debuxo A Filloa, Antía García González con Como facer filloa; Paula López López con Filloas ricas, ricas para comer cando te rías, e Carmen Ferreiro Felpeto, con Festa das Filloas.

Na categoría de debuxo de 10 a 12 anos gañaron Saínza Portela Rodríguez con Filloas que enamoran, Ana Freire Nieto con Festa da Filloa, e Erika Folgueira Rodríguez con Festa da Filloa de muimenta, gañaron o primeiro, segundo e terceiro premio respectivamente. 

Na categoría de relato de 7 a 9 anos os agasallados foron Eva Cabado Fernández co seu traballo As foliadas cas filloas da miña bisavóa; e Sergio Ben Iglesias con Festa da fillo de Muimenta. Na modalidade de 10 a 12 anos Iker Agrelo Rodríguez gañou co seu relato As filloas dos superpoderes.

Pódense ver os debuxos e relatos nos seguintes ligazóns, debuxo 3-6 anos, debuxo 7-9 anos, e debuxo 10-12 anos. Categoría relato 7-9 anos e relato 10-12 anos.

Os premios están patrocinados pola propia comisión da Moexmu, ademáis do Concello de Cospeito, a Deputación Provincial de Lugo, a Delegación Provincial en Lugo da Xunta de Galicia, Abanca e Aceites Abril. Ademáis a  Universidade de Santiago de Compostela, que fará entrega de dúas tablets ao mellor debuxo e ao mellor relato e que se farán públicos o 1 de maio.

0.16952800750732