Obra Social “la Caixa” e AGACA empoderan a socias de Almoga en “Atrévete Contigo Mesma”

TerraChaXa
“Atrévete Contigo Mesma” diríxese a mulleres que viven na contorna rural, especialmente aquelas vinculadas a algunha cooperativa, xa que en moitos casos aínda que son as titulares das súas explotacións ademais de socias das cooperativas, non exercen cargos nos órganos de decisión.
3 Out 2017

Entre os retos que se tratarán mañá na Xornada cóntanse modos de conciliar vida familiar e profesional ou a falta de confianza nas propias capacidades para exercer cargos de responsabilidade pública.

Implicados co rural
Máis de 430 mulleres teñen participado na campaña “Atrévete Contigo Mesma” dende o seu inicio en 2015. Trátase dunha das iniciativas que Obra Social “la Caixa” e AGACA desenvolven como parte dun convenio global dirixido a catro colectivos sociais de zonas rurais, as mulleres socias de cooperativas, as persoas maiores e os seus coidadores e coidadoras, persoas mozas do sector agrogandeiro e infancia.
A campaña 2017/2018 destas actividades presentarase o próximo mes, e incorpora varias novidades que melloran os servizos prestados aos participantes.

0.15597581863403