Obradoiro de costura en As Pontes para fomentar a reutilización téxtil

O Concello de As Pontes anuncia a posta en marcha dun obradoiro de costura centrado na reutilización e aproveitamento téxtil. A actividade terá lugar todos os mércores, en horario de 10:00 a 13:00 horas, nas instalacións de Cáritas As Pontes.
O curso, impartido por Carmen Bellas, ofrece a posibilidade de aprender técnicas de costura orientadas á creatividade e á sustentabilidade, dándolle unha segunda vida ás pezas de roupa e tecidos.
A participación é gratuíta pero as prazas son limitadas. As persoas interesadas poden obter máis información e formalizar a súa inscrición chamando ao teléfono 688 793 418.
O obradoiro está organizado por Cáritas UPA As Pontes e conta coa colaboración do Concello das Pontes de García Rodríguez, Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol e Moda Re-.