Obradoiro de gravado na prisión de Bonxe

TerraChaXa
O martes 12 de xuño, Encarna Lago, xerente da Rede Museística, e Blanca Besteiro, restauradora do Museo Provincial de Lugo, impartirán un obradoiro de iniciación ao gravado na prisión de Bonxe, dirixido aos reclusos deste centro, obradoiro que toma por base as exposicións De Picasso a Kapoor e Improntas.
11 Xuño 2018

Esta actividade está encadrada dentro do Plan de Museos Públicos 25.2, denominación que fai referencia ao artigo da Constitución que garante o dereito de acceso á cultura de todas as persoas, e dentro do programa Arqueoloxía Emocional da Rede Museística da Deputación de Lugo, programa no que colaboran diferentes artistas e persoal da Rede e que ten por obxecto realizar unha introspección emocional das persoas, ao mesmo tempo que pretende descubrir e promocionar a súa creatividade artística.

0.16472578048706