Obradoiro de resina epoxi na Asociación de Veciños Santiago de Sancovade

A Asociación de Veciños Santiago de Sancovade organiza un obradoiro de resina epoxi dirixido a todas aquelas persoas interesadas en explorar a súa creatividade e aprender a realizar pezas artesanais. A actividade desenvolverase os sábados pola tarde, en horario de 17:00 a 20:00 horas, durante os meses de maio e xuño.
As sesións terán lugar os días 3, 17 e 31 de maio e o 14 e 28 de xuño
O prezo mensual para participar é de 30 euros para socios e 40 euros para non socios, incluíndo todo o material necesario para a elaboración das pezas. O curso está pensado para un grupo reducido de ata 10 persoas, co obxectivo de garantir unha atención personalizada.
As persoas interesadas poden solicitar máis información e realizar as súas inscricións contactando con Almudena (698 185 859) ou Lucía (651 478 916).