Obradoiro en Muimenta para aprender a xestionar a dor crónica

TerraChaXa
O Centro Médico de Muimenta acollerá o venres 14 de novembro un taller gratuíto sobre o manexo da dor crónica
COSPEITO dor cronica
7 Nov 2025

O próximo venres 14 de novembro de 2025 celebrarase ás 17.00 horas no local social do Centro Médico de Muimenta un obradoiro práctico centrado no manexo da dor crónica, unha iniciativa impulsada polo Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cultural de Muimenta. A actividade estará impartida por Enrique del Arco Herrero, licenciado en Farmacia e técnico en Prevención de Riscos.

O taller pretende axudar ás persoas asistentes a comprender mellor as características da dor e ofrecerlles ferramentas para convivir con ela de maneira máis saudable e levadeira. O programa inclúe temas como os distintos tipos de dor (aguda e crónica), métodos de avaliación e tratamento mediante escalas de valoración, ademais de recomendacións e hábitos de vida saudables.

As inscricións son gratuítas e poden realizarse na Mercería Teresa ata o 12 de novembro. A actividade está dirixida a pacientes, familiares e ao público en xeral interesados en mellorar a súa calidade de vida fronte á dor persistente.

⚙ Configurar cookies
0.058753967285156