Obradoiro gratuíto de Psicomotricidade e Memoria en Cospeito este mércores

A Biblioteca Rural San Martiño (Escola de Pino), no concello de Cospeito, acollerá este martes 21 de maio un obradoiro gratuíto centrado na psicomotricidade e a memoria, dirixido especialmente a persoas maiores e público interesado no benestar físico e cognitivo.
A actividade desenvolverase en horario de tarde, de 16:30 a 19:30 horas, e ten como obxectivo fomentar hábitos saudables, mellorar a coordinación motora e traballar a estimulación da memoria mediante exercicios adaptados e dinámicos.
O obradoiro conta co apoio do Concello de Cospeito, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Lugo (Afalu), a Biblioteca Rural San Martiño e a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS).
Trátase dunha excelente oportunidade para fomentar o envellecemento activo e a participación social da veciñanza nun ambiente distendido e colaborativo.