Obradoiro práctico en Saldanxe para mellorar a mobilidade e os coidados de persoas dependentes


A asociación Amuruxe, xunto coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns e o Servizo Galego de Saúde, organiza na Escola de Saldanxe o obradoiro 'Mobilización e coidado de persoas dependentes'. A sesión terá lugar o venres 21 de novembro, entre as 17.00 e as 21.00 horas, e está dirixida a persoas que coidan de familiares ou usuarios con perda de autonomía.
O programa abordará a prevención de caídas, a importancia da hixiene postural e as súas consecuencias, así como técnicas de mobilización: axuda á deambulación, transferencias entre sedestación e bipedestación, paso de cadeira a sillón e viceversa, e manobras con persoas encamadas (xiros, izados e desprazamentos laterais). Tamén se explicarán pautas para sentar no bordo da cama, transferencias á cama, erguerse desde o chan e o uso de axudas técnicas.
A docencia correrá a cargo de Olga Roca Bergantiños, xefa do Servizo de Calidade Asistencial do Sergas. A inscrición xestiónase a través das persoas da directiva de Amuruxe.