Obradoiro sobre plantas aromáticas e estimulación sensorial en Cospeito

O mércores 18 de xuño, ás 16:30 horas, celebrarase na Biblioteca Rural San Martiño (Escola de Pino), en Cospeito, un obradoiro gratuíto baixo o título Plantas aromáticas e aplicación sensorial. A actividade está organizada pola Asociación Recreativo Cultural de San Martiño de Pino, en colaboración co Concello de Cospeito, AFALU (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Lugo), e ACIS (Axencia de Coñecemento en Saúde).
O taller está orientado á divulgación das propiedades das plantas aromáticas e o seu uso en actividades de estimulación sensorial, unha ferramenta útil tanto en terapias como en contextos educativos e de benestar.
A participación é gratuíta pero precisa inscrición previa, que pode realizarse a través do correo electrónico afalu@afalu.org ou chamando ao 607 843 384. A proposta pretende achegar á veciñanza o coñecemento da natureza desde unha perspectiva práctica e sensorial.