Ofrecen este luns en Xermade a charla sobre a seguridade dos maiores que foi aprazada
TerraChaXa
Impartirá a sesión Javier Teijeiro, sarxento 1º comandante do posto da Pastoriza
14 Xul 2024
A Garda Civil ofrece unha charla en Xermade sobre o Plan Maior este luns, 15 de xullo, ás 11.00 horas na biblioteca municipal, que corresponde a que foi suspendida no mes de xuño.
A cita tratará sobre a prevención e mellora da seguridade dos maiores e este tipo de reunións estanse a realizar nos distintos concellos ofrecendo consellos para evitar riscos, en especial en materia de roubos, estafas e seguridade en dispositivos móbiles.
Impartirá a sesión Javier Teijeiro, sarxento 1º comandante do posto da Pastoriza e formador do Plan Maior da Compañía de Vilalba.