Ofrecen este mércores en Abadín unha charla sobre a seguridade dos maiores

TerraChaXa
A Garda Civil ofrece unha charla en Abadín sobre o Plan Maior este mércores, 26 de xuño, ás 12.
obradoiro-maiores-abadin
25 Xuño 2024

A Garda Civil ofrece unha charla en Abadín sobre o Plan Maior este mércores, 26 de xuño, ás 12.00 horas no salón de actos do concello.

A cita tratará sobre a prevención e mellora da seguridade dos maiores e este tipo de reunións estanse a realizar nos distintos concellos ofrecendo consellos para evitar riscos, en especial en materia de roubos, estafas e seguridade en dispositivos móbiles.

Impartirá a sesión Javier Teijeiro, sarxento 1º comandante do posto da Pastoriza e formador do Plan Maior da Compañía de Vilalba.

0.13207292556763