Ofrecen este xoves en Xermade unha charla sobre a seguridade dos maiores
TerraChaXa
A Garda Civil ofrece unha charla en Xermade sobre o Plan Maior este xoves, 27 de xuño, ás 17.
26 Jun 2024
A Garda Civil ofrece unha charla en Xermade sobre o Plan Maior este xoves, 27 de xuño, ás 17.00 horas na biblioteca municipal.
A cita tratará sobre a prevención e mellora da seguridade dos maiores e este tipo de reunións estanse a realizar nos distintos concellos ofrecendo consellos para evitar riscos, en especial en materia de roubos, estafas e seguridade en dispositivos móbiles.
Impartirá a sesión Javier Teijeiro, sarxento 1º comandante do posto da Pastoriza e formador do Plan Maior da Compañía de Vilalba.