Olalla Prieto e María García gañaron a IV edición de 'Receitas de outono con poesía' de Guitiriz

TerraChaXa
Olalla Prieto Soto, na categoría infantil, e María García, en categoría adulto, son as persoas gañadoras da cuarta edición da actividade ‘Receitas de outono con poesía’, organizada polo Concello de Guitiriz a través da Biblioteca Pública Municipal ‘Casa Habanera’ xunto co servizo de Educación Familiar.
23 Dec 2023

Olalla Prieto presentou a receita ‘Tartaletas de noces’ e o poema ‘Receita para cociñar en outono en familia’, mentres que María García alzouse gañadora coa receita ‘Agarimo de marmelo aos tres sabores con castañas’ e o poema ‘Raíces’.

O obxectivo desta iniciativa é que cada persoa participante saque o cociñeiro, cociñeira, escritor ou escritora que leva dentro, poñendo en valor os produtos de outono á vez que se dinamiza a lectura e a escritura.

A receita/poema gañadora en cada categoría recibirá un agasallo, que será entregado na Biblioteca Pública Municipal 'Casa Habanera”.

0.19200587272644