Olalla Rodil desprazouse a Parga para reclamar a apertura do centro de saúde no verán

O BNG foi capaz de acadar un consenso total na proposta de evitar o peche do centro de saúde de Parga logo do Pleno extraordinario urxente que solicitou á Alcaldía. "O Centro Médico de Parga non pode pechar durante o verán" explicou Olalla Rodil e engadiu que "asistimos a un desmantelamento da sanidade pública e esta unha mostra máis de como o PP intenta deixarnos sen atención primaria onde lle é posible".
Logo de consensuar cos outros grupos da corporación a celebración dun Pleno Extraordinario para rexeitar o peche do Centro de Saúde de Parga durante os meses de xullo, agosto e setembro, o BNG acadou a unanimidade neste asunto. Olalla Rodil indicou que "todos grupos representan á totalidade da veciñanza de Guitiriz pediuse a paralización do peche anunciado". Dende o BNG explicouse que na moción figuraba como punto de acordo que "o Pleno solicita a paralización do peche anunciado, a esixencia ao Sergas para cubrir todos os servizos sen merma da atención e a recuperación dos servizos anteriores ao peche producido co gallo da Covid 19".
"Dende o BNG avaliamos positivamente o posicionamento unánime de todos os grupos en contra do peche, mais, por parte do portavoz no Pleno, Afonso Losada, esixiuse que a agrupación municipal do PP tiña que dar un paso adiante para amosar o seu compromiso claro e incondicional de oposición ao peche: o movemento explícase andado", argumentou o portavoz do BNG e invitou a que se realmente queren amosar o seu compromiso, "reúnan a afiliados e votantes e preséntense diante da sede do seu partido para esixir a paralización dunha decisión política que vai en contra de toda a veciñanza e, obviamente, tamén de votantes, simpatizantes e afiliados e afiliadas do PP de Guitiriz".
"Teñen un peso político, fágano valer" esixiu Losada. Parte dos veciños e veciñas asistentes ao Pleno, recrimináronlle ao portavoz do PP que non se implicara máis neste tema e, que presionara internamente para evitar o peche do centro de saúde.