Olalla Rodil levará ao parlamento o recorte de persoal na ambulancia medicalizada na Mariña
Os pregos da licitación para o novo contrato do servizo de ambulancia medicalizada que ofrece o Sergas para a contratación do servizo de ambulancia medicalizada evidencian unha vez mais os continuos ataques do Partido Popular á sanidade pública, e concretamente á atención sanitaria na comarca da Mariña.
A perda dun TES (Técnico de Emerxencias Sanitarias), que é unha figura clave na asistencia ás emerxencias supón un empeoramento na calidade do servizo en moitos casos donde o tempo de resposta é vital. Ata o de agora, a ambulancia medicalizada conta en cada quenda de garda con dúas TES, un médico e un DUE, igual que as ambulancias medicalizadas do resto do teritorio galego. Agora, se se confirma este recorte, a dotación humana deste servizo só estará formada por un TES, un médico e un DUE, o que será un perigoso agravio co resto do país, donde o servizo seguirá contando cos mesmos efectivos humanos.
Iniciativa de inmediato no Parlamento
“Diante desta grave situación o Partido Popular e a Xunta deben rectificar de inmediato para impedir o que é xa o enésimo recorte na sanidade e na calidade asistencial na Mariña”, afirmou Olalla Rodil, que comunicou as traballadoras e traballadores do servizo que inmediatamente rexistrará no Parlamento unha proposta ao respecto para frear este novo agravio.
Por parte das traballadoras e traballadores incidiuse en como lle afecta este recorte ao conxunto da sanidade na Mariña e na calidade asistencial, máxime cando están en xogo vidas humanas, como é o caso dos servizos que presta a ambulancia medicalizada.
A esta reunión, asistiron tamén Gema Méndez, nº 2 da candidatura do BNG no concello de Foz, Iago Villamil, nº 3 da candidatura, Montse Porteiro, da executiva comarcal do BNG e Antonio Veiga Outeiro, deputado provincial.