Olano oponse en Foz á medida de Sánchez de "requisar" os cartos dos concellos
A presidenta provincial do PP, Elena Candia, xunto co deputado nacional Jaime de Olano (vicesecretario do Partido Popular) e o portavoz municipal en Foz e na Deputación, Jorge Castiñeira, mantiveron esta mañá unha reunión en Foz con apoderados e interventores populares nas pasadas eleccións autonómicas. Todos eles destacaron o resultado conseguido polo PP en Galicia, e sinaladamente na provincia de Lugo, e agradeceron o esforzo realizado por todas as agrupacións locais, neste caso concreto, pola de Foz.
Elena Candia destacou o bo resultado conseguido polo PP no municipio de Foz, no que está convencida de que mantendo o actual nivel de traballo, co respaldo pleno asegurado do partido e das institucións autonómicas e coa estratexia adecuada será posible recuperar a alcaldía nas próximas eleccións municipais. A presidenta provincial do PP e deputada autonómica destacou o triste papel xogado na Mariña por alcaldes socialistas que preferiron buscar réditos electorais a costa de danar a imaxe da Mariña como destino turístico. Indicou que o PP ten que aproveitar o éxito conseguido nas pasadas autonómicas e a súa unidade para sentar os cimentos de cara ás próximas eleccións locais. Candia criticou con dureza o intento do Goberno de Pedro Sánchez de apropiarse dos aforros dos concellos e das deputacións.
Polo seu lado, o deputado nacional e vicesecretario do PP Jaime de Olano centrou a súa intervención, entre outros asuntos, no intento do Goberno de facerse cos remanentes da administración local. Olano declarou: “Nuestra más clara oposición a la requisa de los remanentes de los ayuntamientos que pretende llevar a cabo el Gobierno del señor Sánchez. El señor Sánchez y el señor Iglesias han tenido el mérito de poner de acuerdo a todos los partidos políticos, alcaldes, portavoces de partidos de todos los colores en contra de esta requisa del dinero de los propios vecinos; ayuntamientos, consells, diputaciones cabildos, todos, rechazan unánimemente esta requisa del dinero de los ayuntamientos que pretende perpetrar el Gobierno de Sánchez. Es de lamentar que algunos alcaldes y presidentes de Diputación del Partido Socialista, una vez más, como es el caso del Concello de Foz y de la Diputación de Lugo, cuando tienen que elegir, elijan apoyar al señor Sánchez y no a sus vecinos”.
Olano, por outra parte, mostrou a súa esperanza de que frutifique “esta última oportunidade de salvar Alcoa” e destacou a oferta de apoio feita ao Goberno por Pablo Casado para sacar adiante esta industria fundamental para a provincia de Lugo.
Polo seu lado, Javier Castiñeira, como portavoz do grupo municipal do PP en Foz e na Deputación de Lugo mostrou a “súa preocupación pola moi mala noticia de que nos queren incautar os nosos aforros”. Manifestou: “Levamos moitos anos, con moito esforzo, cadrando as nosas contas, e que sen consenso nin autorización da maior parte dos concellos veña o Goberno do Estado e os queira incautar, é unha moi mala noticia. Non nos colle de sorpresa. Xa viñan avisando. O que nos chama a atención é que os alcaldes socialistas, como é o de Foz, ou presidentes de deputacións, como as de Lugo, A Coruña e Pontevedra, non tomen cartas no asunto”. Engadiu: “O PP puxo todo o seu esforzo en evitar este espolio; necesitamos os nosos aforros para que os nosos veciños teñan os servizos básicos. Necesitamos os aforros agora mesmo. Pedimos ao Goberno central que cese no seu intento de incautarse do aforro de concellos e deputacións, que fixemos o noso traballo, e que se poña a traballar o antes posible; non é normal que nestes momentos pretendan invitar cos cartos dos demais”.